Ir o contido principal
DESCUBRIR

Festas do Mexillón e do Berberecho

Mexillóns e berberechos reinan na mesa

Vilanova de Arousa homenaxea os dous moluscos nunha deliciosa festa

A pesca e o marisqueo foron o pan de toda a vida para as e os veciños de Vilanova de Arousa (Vilagarcía de Arousa). E se hai alguén que pode presentar mellor que ninguén un prato, son aquelas e aqueles que o estiveron preparando e degustando desde que teñen uso de razón. Os mexillóns e berberechos son moluscos bivalvos abundantes na ría. Galicia é exportadora mundial dos primeiros grazas á súa orografía costeira; as rías presentan un emprazamento inmellorable e as bateas convértense na súa casa. En canto aos segundos, recóllenos as mariscadoras baixo o lodo da praia durante a marea baixa.

E co movemento das mareas e coa lúa chega o fresco da tarde, o cal será ben recibido con estes aperitivos, que poden prepararse de diferentes maneiras: ao vapor, en vinagreta, en escabeche etc. Un encontro que será acompañado, sen dúbida, por outros mariscos e pratos locais. Todo a partir da segunda semana de agosto.

Para ver e percorrer en Vilanova de Arousa

Se decides gozar desta festa gastronómica, propoñémosche outras ideas para aproveitar a viaxe, como visitar a casa do Cuadrante, onde naceu Ramón María del Valle-Inclán, dramaturgo internacionalmente coñecido. A igrexa da Pastoriza ou a de San Cibrán e a capela da Encarnación son outras visitas recomendables. O miradoiro do monte Lobeira e un paseo polo Esteiro de Vilanova de Arousa son tamén grandes opcións.

Vilanova arousa casa museo

Mejillones y almejas
Mejillones y almejas
Desplegable