Neste día celébranse actos relixiosos en honor aos dous santos, irmáns e médicos, na capela de Santa Liberata, onde se gardan as imaxes de ambos os dous. Ademais na praza de Santa Liberata, que dá entrada á capela, celébrase unha antiga romaxe popular, chamada a Festa do Mel e as Noces
Festa gastronómica na que se pode degustar o polbo procedente das augas das Illa Cíes e Ons, dos caladoiros da frota dedicada á pesca deste cefalópodo en Bueu
Festividade en honra ao Santo Cristo no Couto
En Petán homenaxéase á Virxe do Perpetuo Socorro, máis coñecida polo nome da Virxe do Gundián. Tamén se fai unha homenaxe á Virxe dos Remedios. A finais de agosto, celébrase unha romaría na que se sacan en procesión ás dúas virxes. Están decoradas de billetes e ouro que son ofrecidos polos fieis. Tamén ofrecen diferentes produtos como ovos, galiñas, pitos, trigo, carneiros e partes de carne do porco. Ao mediodía, os romeus achéganse para comer na robleda situada á beira da ermida de Gundián
Nesta celebración venérase ao Apóstol San Bartolomé
A romaría do pan de Millo celébrase na parroquia de Cabral, máis concretamente en Monte de Becerreira en Cotogrande. Todos os presentes poderán degustar este exquisito pan e tamén haberá postos de venda para todos aqueles que desexen compralo
Festividade en honra a Sta. Bárbara
Festival de cinco días no que se pode gozar de actuacións de estilos moi diferentes, coma indie, metal, techno ou hardcore.
Festividade en honra á Virxe da Roca. Na chaira do monte Sansón, lugar onde se acha o monumento dedicado á Virxe da Roca, celébrase nesta data unha popular romaría campestre. A festa complétase cunha misa ao aire libre, actuacións folclóricas e sardiñada campestre
Festa gastronómica de exaltación dos produtos típicos das terras do Ulla. A anguía e a augardente ou caña do país. Ambos os produtos pódense desgustar en moi diferentes preparacións: racións de anguía guisada, frita, empanada, con pementos e cachelos e unha das novas, ó estilo Bella Otero con arroz ou un menú degustación para probar cada unha das especialidades. Ó final das festas chega o conxuro, degustación de rosquillas de augardente e a gran queimada popular elaborada polos mellores cañeiros