Ir o contido principal
INSPÍRATE

Rías Baixas: máis aló do verán

Despois do verán, a paisaxe nas Rías Baixas evoluciona co paso das estacións: os bosques e viñedos tínguense de cores que lembran ao solpor, o mar ruxe con forza e convértese nun espectáculo natural que contemplar desde a costa. A xente reúnese e festexa para combater o frío e celebrar tradicións con séculos de historia. É o momento ideal para visitar as Rías Baixas con tranquilidade, lonxe do bulicio e das masificacións. Recomendámosche as seguintes experiencias:

RS112538_06_123_Parque Natural Monte Aloia_DSC2799

Sendeirismo polo Monte Aloia

O Monte Aloia, primeiro parque natural de Galicia, pódese percorrer durante o outono e o inverno a través dos seus múltiples sendeiros que atravesan quilómetros de piñeiros, carballos e castiñeiros. Paseando polo bosque, pódese acceder a miradoiros como o da Gran Cruz, desde onde se observa o val do río Miño, os montes de Portugal e mesmo a desembocadura das augas no Atlántico.

Na paisaxe da zona pódense ver restos de antigos muros e asentamentos que revelan o valor estratéxico deste lugar ao longo do tempo. Ademais, conta con áreas recreativas que facilitan o descanso. No monte, ademais da súa vexetación autóctona, tamén se pode ver fauna local como vacas, cabalos e cabras. É unha contorna ideal para camiñar con ritmo pausado e conectar coa natureza.

 

castaas

Magosto popular

O magosto é unha celebración vinculada á chegada do outono, á colleita do viño e aos defuntos. A súa orixe mítica conta que as castañas gardaban a alma dos mortos, e ao comelas, os vivos liberábannas do purgatorio. En vilas e cidades das Rías Baixas, a xente reúnese en prazas e espazos comunitarios para asar as castañas nas brasas, probar o viño vendimiado e compartir un momento de unión. Acompañando este momento está sempre a música tradicional, con gaitas e pandeiretas creando un ambiente festivo.

O magosto non é só unha comida, senón un acto cultural que celebra a colleita, o paso das estacións e o valor dos encontros comunitarios. É un momento no que o lume, o recendo a castaña asada e o frío do outono se entrelazan nunha experiencia compartida.

RS48621_TRB2008_SilledaToxa_5868

Fervenza do Toxa: a forza da natureza

É, sen dúbida, o salto de auga máis espectacular da provincia de Pontevedra. Esta fervenza lévanos ao norte das Rías Baixas, a Silleda, xusto antes de que o río Toxa desemboque no Deza. É famosa pola súa caída vertical de máis de 30 metros, que a converte na máis alta de Galicia. Nos arredores existe un miradoiro con formidables vistas cara á fervenza e ao monte que a rodea. Este espazo natural forma parte do proxecto Rede Natura 2000 polo seu gran valor paisaxístico.

Ademais, desde esta contorna natural tan espectacular, pódese facer unha ruta de sendeirismo polo bosque ata o mosteiro de Carboeiro. A vista de paxaro obsérvase o cenobio, elevado e case abrazado por un acusado meandro do río. A súa fundación remóntase ao segundo terzo do século X. A construción comezou no século XI, pero será no XII cando o mosteiro vexa incrementado o seu patrimonio. Antes de chegar a Carboeiro atópase a chamada ponte do Demo, onde se deron asaltos e roubos ao longo da historia. A ponte data do século XVI e durante séculos foi a única vía de comunicación entre Silleda e Vila de Cruces. O mosteiro de Carboeiro foi declarado Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931.

RS12535_150419 museo 6.jpg

Museo de Pontevedra: arte, historia e territorio

Creado en 1927 pola Deputación Provincial para continuar o labor da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, da que herdou unha extraordinaria colección de obras de arte e documentos, o Museo de Pontevedra reúne na actualidade máis de 16 000 pezas entre pinturas, esculturas, debuxos, gravados, obxectos arqueolóxicos, moedas, instrumentos musicais, mobles, xoias etc. Os seus fondos abranguen desde a Prehistoria e a Idade Antiga ata o século XX, e conta con fondos de numismática, artes decorativas, etnografía e naval.

Está composto por seis edificios situados todos na cidade de Pontevedra: as ruínas de San Domingos, vestixios do convento homónimo de dominicos dos séculos XIV-XV; o edificio Sarmiento, con fondos da Prehistoria e produtos cerámicos, ademais dunha importante colección de arte contemporánea e asiático-oriental; o edificio Castro Monteagudo, sede fundacional do museo; o edificio García Flórez, unha gran casa señorial urbana de finais do século XVIII; o edificio Fernández López, que acolle fundamentalmente obras pictóricas dos séculos XIXe XX; e o Sexto Edificio, inaugurado en 2013 e destinado a exposicións, conferencias e talleres.

Parque Tourón Ponte Caldelas
Desplegable