Ir o contido principal
DESCUBRIR

Os mellores produtos do campo

Patacas, grelos, cebolas... unha variedade e calidade extraordinarias

Os campos de cultivo ofrecen produtos de primeira calidade grazas ás temperaturas suaves e á gran riqueza do solo deste territorio. As e os agricultores manteñen o espírito tradicional deste oficio artesanal seleccionando meticulosamente os seus produtos e adaptando as técnicas de produción ás condicións do terreo. O resultado, un produto extraordinariamente ligado ao medio e cunhas excelentes calidades culinarias.

As patacas, os pementos de Herbón —ao norte da provincia de Pontevedra—, as cebolas do Salnés, o millo corvo da península do Morrazo, ou os grelos de Galicia da indicación xeográfica protexida, cuxo cultivo se estende polos catro puntos cardinais da provincia, son algúns dos excelentes produtos deste destino tan valorado na súa gastronomía.

Os grelos, talos e follas do nabo, hortaliza típica de Galicia, son un dos ingredientes básicos de receitas da gastronomía tradicional galega como o caldo galego, o cocido ou o lacón con grelos; e un elemento distintivo da cociña autóctona.

Puesto de verdura en el mercado de O Progreso, en Vigo
Mercado do Progreso, Vigo

 

Desplegable