Ir o contido principal
DESCUBRIR

Bosques fermosos e ricos en froitos

Castañas, cogomelos e outros produtos crecen nos montes das Rías Baixas

A natureza foi máis que xenerosa coas Rías Baixas. O corazón da provincia alberga frondosos bosques dun verde intenso onde as árbores autóctonas conviven con outras especies en espazos naturais de gran beleza.

Unha das paisaxes máis representativas de Galicia son os seus bosques de castiñeiros. Na provincia de Pontevedra, as zonas de recolección de castaña de Galicia son as comarcas de Tabeirós-Terra de Montes e de Deza; e os municipios de Cerdedo-Cotobade, A Lama, Campo Lameiro e Cuntis. Os montes da fraga de Catasós en Lalín ou a serra do Candán son algúns dos espazos onde se pode compaxinar a recollida de castañas coa de cogomelos.

 

Erizo de castaña
Ourizo de castaña

Concretamente, en Lalín existe unha importante produción de castañas, actividade complementaria das familias que se dedican á gandeira. Esta localidade, xunto aos demais municipios que conforman a comarca de Deza, atópase dentro da indicación xeográfica protexida (IXP) Castaña de Galicia.

O mel das Rías Baixas é especialmente saboroso, tamén con selo de calidade IXP e produto do minucioso traballo das apicultoras e apicultores desta terra.

Desplegable