Ir o contido principal
INSPÍRATE

Un pobo esculpido en granito

Descobre as súas casas recubertas de cunchas, balcóns e galerías convertidas en miradoiros

Falamos dun pobo esculpido en granito, santuario para a nobreza e berce do apreciado viño albariño, unha das marcas de identidade da provincia de Pontevedra.

Cambados nace da fusión de tres vilas históricas: Fefiñáns, cun marcado carácter nobre e histórico, onde os pazos cobran vida; Cambados, coas súas fermosas prazas e rúas empedradas; e Santo Tomé, de carácter eminentemente mariñeiro.

Aquí estaba o antigo porto pesqueiro, que hoxe é refuxio para as embarcacións de pesca artesanal

Unha andaina polo paseo de Cambados levarate ata a torre de San Sadurniño, no illote da Figueira. Desde esta zona é frecuente ver as mariscadoras recoller as ameixas que logo se poden degustar nas ducias de tabernas tradicionais que atoparás no seu centro histórico. As súas veciñas e veciños son tamén uns mestres cociñando vieiras.

A diferenza do centro, con construcións máis nobres, a presenza de rúas irregulares e estreitas indícanos con claridade a entrada do barrio de Santo Tomé, que nos mostra as típicas vivendas de tipoloxía mariñeira: casas recubertas de cunchas, balcóns e galerías convertidas en auténticos miradoiros cara á ría de Arousa. Aquí estaba o antigo porto pesqueiro, que hoxe é refuxio para as embarcacións de pesca artesanal.

puerto
Desplegable