Ir o contido principal
INSPÍRATE

O paraíso da náutica deportiva

As Rías Baixas ofrecen máis de 4.600 amarres en contornas naturais espectaculares

As e os amantes da náutica deportiva teñen ao seu servizo nas Rías Baixas unha potente infraestrutura con todo o necesario para descubrir a costa de Pontevedra desde o mar. Clubs e portos deportivos repartidos polas tres rías poñen á súa disposición máis de 4 600 amarres resgardados dos ventos do Atlántico e situados en espectaculares paisaxes. Completan a súa oferta de servizos cun amplo catálogo de actividades de lecer que mellora con cada nova temporada.

Desde o porto deportivo da Guarda ata o de Vilagarcía de Arousa, o litoral pontevedrés acubilla unha vintena de instalacións que combinan unha longa traxectoria de case medio século con outras dársenas máis modernas e destinadas a un público máis específico ou local. Embarcacións dos cinco continentes elixen a costa das Rías Baixas durante o verán pola excelente localización dos amarres, a calidade dos servizos complementarios e a posibilidade de combinar plácidas estancias a bordo dos seus barcos con formidables experiencias gastronómicas e visitas culturais.

puertos-deportivos
Desplegable