Ir o contido principal
DESCUBRIR

Bosques e fragas máxicas

Bosques frondosos con castiñeiros centenarios, lugares onde a terra se atopa coa auga e miradoiros naturais excepcionais bríndanlle un espectáculo natural a quen os visita

Internarse na natureza da provincia de Pontevedra é descubrir parques e bosques que comparten calma e aire fresco con todas aquelas persoas que os percorren. Alcanzan o seu esplendor no outono, cando as follas adquiren tonalidades ocres, follas caducas, castañas e cogomelos, pero permiten desconectar da rutina e respirar aire puro durante todo o ano.

Un dos bosques autóctonos máis recoñecidos é a fraga de Catasós (Lalín), unha vasta extensión de carballos e castiñeiros de ata 30 metros, considerados os máis altos de Europa. Igrexas, muíños e cruceiros salpican este pulmón centenario.

Fraga de catasos

Na península do Morrazo, o espazo natural de Cotorredondo-Castiñeiras é unha fermosa paraxe cun pequeno lago onde se abrazan a terra e a auga e no que conviven castaños e outras especies.

Algúns dos castiñeiros centenarios da fraga de Catasós alcanzan os 30 metros e considéranse os máis altos de Europa

As vistas ás tres rías (Vigo, Pontevedra e Arousa) desde o miradoiro próximo de Cotorredondo son impresionantes. Nas Rías Baixas é posible o reencontro coa natureza sen afastarse da cidade.

Ponte Caldelas, preto da cidade de Pontevedra, alberga frondosos bosques de carballos, castiñeiros e bidueiros nas ribeiras do río Verdugo. Para mergullarse neles é ideal seguir o carreiro azul desde a praia fluvial da Calzada. Más ao sur, nos arredores de Vigo, o parque forestal Monte Alba-Cepudo ofrece fermosas vistas á urbe.

Entre piñeiros e carballos transcorre o percorrido pola serra do Galiñeiro. Esta cadea montañosa, cun cume de 700 metros que se converte nun excelente miradoiro á ría de Vigo, esténdese ata o parque natural do monte Aloia, en Tui. Nesta atalaia, que goza de extraordinarias vistas ao río Miño, existen diversas rutas entre sobreiras, acivros e carballos da carballeira da Ermida. A serra da Groba, máis ao sur, ofrece espléndidas paisaxes adornadas con interesantes gravados rupestres.

As raíces dos pazos de Ulloa

A fraga de Catasós foi propiedade da familia Quiroga de Catasós, que viviu no pazo de Quintela, tamén coñecido como Casa de Quiroga. No século xix, a ilustre escritora Emilia Pardo Bazán pasou grandes tempadas neste fermoso lugar onde os castiñeiros centenarios parecen alcanzar o ceo. Este recuncho foi toda unha inspiración para a autora, desde o que escribiu varios capítulos do clásico literario Os pazos de Ulloa.

Parque natural monte aloia
Fraga catasos lalin pontevedra
Bosque de castiñeiras

Non o podes perder...

  • Fraga de Catasó
  • Parque Natural Cotorredondo-Castiñeiras
  • Rúa azul de Ponte Caldelas
  • Monte Aloia
Desplegable