Ir o contido principal
DESCUBRIR

Observación de aves: grandes enclaves das Rías Baixas

Sabes identificar unha garza, un parrulo mourelo ou un grupo de mergullóns? A provincia de Pontevedra dálles acubillo a centos de especies de aves e ofrece escenarios de gran beleza. Deseña a túa ruta de observación de aves

Corvos mariños, mascatos, rulas, garzas, negróns ou cobreiras europeas. A variedade de especies e a beleza das paisaxes nos que aniñan fan das Rías Baixas un enclave privilexiado para o avistamento de aves. Se che gusta a ornitoloxía, toma boa nota porque a provincia de Pontevedra ofréceche un bo puñado de alternativas para gozar delas no seu hábitat natural.

Cíes acubilla a maior colonia de gaivota patiamarela do mundo e conta con abundantes poboacións de corvo mariño cristado.

Arrinca a túa ruta polo Complexo Intermareal Umia-O Grove, unha zona de especial interese comunitario que se consolidou nos últimos anos como referencia a nivel nacional para divisar aves acuáticas invernantes xa que acolle ao redor de 18 000 exemplares.

Birding

O parque das Illas Atlánticas é outra zona destacable para as e os amantes da observación de aves, validada polos principais distintivos do sector do turismo ornitolóxico. Cíes acubilla a maior colonia de gaivota patiamarilla do mundo e serve de refuxio para abundantes poboacións de corvos mariños cristados, mascatos, pombos torcaces e rulas.

Ao sur da provincia de Pontevedra hai que facer parada no estuario do Miño, que ofrece unhas condicións idóneas para as aves migratorias e limícolas como os mazaricos, os biluricos, os pilros ou as avefrías. Con algo de sorte tamén poderás avistar garzas, mergullóns, somorgullos, parrulos mourelos e mesmo aves rapaces como a gatafornela, o peneireiro cincento ou a aguia pescadora.

Illas Atlánticas, unha contorna única

O parque das Illas Atlánticas é unha referencia internacional para a observación de aves. A súa combinación de marismas, praias e acantilados perfectos para a cría converten as súas illas en refuxio para ducias de especies únicas. A súa riqueza natural e a súa fauna avícola atraen cada ano miles de visitantes. No arquipélago hai máis dunha vintena de especies identificadas e rexistradas, 1 100 parellas de corvos mariños e máis de 15 000 de gaivota patiamarilla, que predomina en Cíes e Sálvora.

Atardecer birding

As e os afeccionados á ornitoloxía coñecerán a fondo a provincia no seu traslado ata as Brañas de Xestoso, na contorna da serra do Candán, pois nas inmediacións da lagoa Sacra de Olives pódense ver multitude de especies protexidas. Escribidores amarelos e riscados, lavercas, tordos charlos, chincharraíces ou especies migratorias procedentes de África danse cita neste lugar.

A lista de zonas húmidas e marismas para avistamento é moi ampla nas Rías Baixas e inclúe as Gándaras de Budiño (Porriño), as marismas de Alba na ribeira do Lérez (Pontevedra), o Centro de Interpretación do Monte Aloia (Tui), a zona húmida da Ramallosa ou Cotorredondo, que acolle un centro de recuperación de aves.

Sierra de la birding
Marisma birding
Umia o grove

Non o podes perder...

  • Complexo intermareal Umia-O Grove
  • Ría Miño
  • Brañas de Xestoso
  • Miradoiro de Monte Faro no Cís
Desplegable