Iglesia conventual de Santo Domingo
Ciudad máis próxima:
Vigo
c/ Sanchez Freire
Tui Pontevedra
España
A construcción da mesma comeza en 1330 tralo traslado dos dominicos. A primitiva igrexa era máis pequena, encaixada entre o convento e a igrexa románica de San Xoan de Porto (totalmente desaparecida). Hacia o ano 1400 inicianse novas obras para construir a cabeceira actual; a aportación do bispo Xoan Fernández de Soutomaior en 1423 foi fundamental para concluir a capela maior. Nave central, orixinalmente máis longa, e cabeceira de tres ábsides, dúas delas (a maior e a de epíscola) con bóvedas de abano.
A portada principal é de 1730, e o lateral do século XV. No interior destacan os seus retablos barrocos: o principal, magnífica obra realizada por Antonio do Vilar en 1744 na súa madurez, onde destacan as imaxes dos santos dominicos; e no cruceiro sur o extraordinario retablo da Nosa Señora do Rosario, realizado por un arquitecto anónimo portugués, de 1740, cunha representación da batalla de Lepanto no seu ático que o fai único en España.
O convento dominico está conservado na súa totalidade, pero no século XIX desapareceu o seu claustro.
É unha igrexa onde se enterrou a nobreza da rexión: os Soutomaior, Correa, Valladares, e os Troncoso de Lira, pero tamén os ricos mercaderes e artesáns da cidade
Valora este recurso

O tempo nesta zona
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Corpo responsable
Diócesis de Tui - Vigo
Estado conservación
Ben