O paraíso paso a paso
As Rías Baixas ofrece rutas de sendeirismo incomparables pola costa e polo interior
A mellor forma de mergullarte nas Rías Baixas é percorrela paso a paso. Esta terra ofréceche rutas de sendeirismo de todos os niveis, así que poderás descubrila tanto se camiñar e coñecer paisaxes é unha afección ou coma se tes moitos quilómetros sobre as túas pernas.
Á beira de ríos e regatos atoparás magníficos bosques de ribeira con vexetación autóctona. Antigos muíños, vestixios dun modo de vida do pasado, reciben a persoa visitante agora perfectamente restaurados, igual que fontes e lavadoiros tradicionais. Na provincia de Pontevedra a natureza e o patrimonio van da man.
Camiñar entre carballos e castiñeiros centenarios situarate en harmonía plena coa contorna. Serras, montes e fragas ocultan un mundo de sensacións, con flora e fauna interesantes que atoparás ao longo das infinitas sendas que sucan o territorio.
A costa das Rías Baixas quita a respiración. A través dos seus 300 quilómetros de litoral atoparás 59 praias con bandeira azul, acantilados vertixinosos, cabos impresionantes con faros de lenda, bonitas enseadas e baías, e fermosas vilas mariñeiras que aínda conservan intacta a súa arquitectura e as súas tradicións.
Estate esperando un mundo de rutas. Ven descubrilas!