Ir o contido principal
DESCUBRIR

Camiño Portugués

Camiño Portugués

O Camiño Portugués en Galicia, no seu suave discorrer cara ó norte, fai uso de camiños antigos que cruzan bosques, terras de labranza, aldeas, vilas e cidades históricas. Trátase dun terreo case chairo. Carreiros que salvan canles de auga a través de pontes de traza medieval. Camiños enriquecidos pola presenza de capelas, igrexas, conventos, petos de ánimas e cruceiros, nos que non falta a confortadora imaxe de Santiago Peregrino, acompañando ao romeu. 

 

Esta peregrinación xacobea é considerada como unha dos acenos de identidade da cultura europea e a motivación de peregrinación era nun principio relixiosa, ata que polo fluxo de peregrinos de todas partes do mundo chegou a ser un intercambio cultural, económico e de pensamento

Desplegable
Título
Etapa Tui-O Porriño (18,3 km)
Descripción

Tui é unha pequena cidade fronteiriza onde poderemos descubrir, en primeiro lugar, a fascinante catedral de Santa María de Tui, punto de entrada ás Rías Baixas por este camiño. Aquí tamén se atopa un dos elementos máis destacados do camiño: a ponte de San Telmo. Alcumada “ponte das febres”, é famosa pola súa arquitectura e porque foi aquí onde san Telmo enfermou de febre en 1251. O camiño segue en dirección ao Porriño envolvido na serenidade do rural galego, cruzando ríos, vales e lugares emblemáticos que cativan facilmente.

Vista aérea de Tui
Título
Etapa O Porriño-Redondela (15,6 km)
Descripción

O Porriño é a vila natal do arquitecto Antonio Palacios, onde se sitúan algunhas das súas obras: o pazo do Concello, a fonte do Cristo, A Botica Nova ou o templete de San Luís. Nos últimos metros do tramo, ao seu paso polo municipio de Mos, atópase o miliario de Santiaguiño de Antas, que data do século II. Este formaba parte da Vía XIX e, ademais de ser un indicador de millas romanas, era obxecto de prácticas supersticiosas. O camiño chega a Redondela, desde onde podes divisar a enseada de San Simón na ría de Vigo, a cal ofrece unha estampa idílica.

Isla de San Simón
Título
Etapa Redondela-Pontevedra (18,2 km)
Descripción

Redondela está en plena ría de Vigo; no seu centro emerxen as illas de San Simón e Santo Antón, e baixo as súas augas xacen os restos dos galeóns da batalla de Rande (1702). Tras atravesar esta interesante zona chegaremos a Ponte Sampaio, onde se atopa a histórica ponte medieval na que se desatou a batalla de Ponte Sampaio en 1809, durante a guerra da Independencia, e onde as tropas do capitán Morillo eliminaron os franceses. Continuando por evocadores e milenarios camiños empedrados, con tramos da propia vía romana XIX, chegamos á capital da provincia: Pontevedra.

Ponte Sampaio
Título
Etapa Pontevedra-Caldas de Reis (23 km)
Descripción

Pontevedra é unha preciosa cidade declarada conxunto histórico-artístico, o cal se integra nunha antiga zona amurallada. O mellor é perderse entre as súas rúas, pola zona vella da cidade, e gozar dos casaróns, dos pazos, das prazas e dos seus pequenos recunchos. Recomendamos visitar a igrexa da Virxe Peregrina, xoia do Barroco, que ten planta en forma de vieira, símbolo do Camiño a Santiago de Compostela. Continuamos e deixamos atrás a capital das Rías Baixas despois de cruzar o río Lérez pola ponte do Burgo, onde comeza unha zona de bosques, prados e viñedos. Antes de chegar a Caldas de Reis, no municipio de Barro, poderemos visitar e gozar na Barosa, unha área recreativa onde destaca o conxunto de muíños que se estenden pola fervenza do río Agra. Aquí altérnanse tramos de sendas ata chegar ás portas de Caldas de Reis.

Parque Natural Río Barosa

 

Título
Etapa Caldas de Reis-Padrón (18,7 km)
Descripción

Xa en Caldas de Reis podemos gozar da súa longa tradición termal, que provén da mesma época romana. As augas desta contorna teñen unha composición que lles confire propiedades curativas, algo que os pés das e dos peregrinos agradecerán se visitan a burga precursora do turismo termal na rúa Real. O camiño, ao seu paso por Caldas de Reis, cruza a ponte medieval sobre o río Bermaña e continúa pola rúa San Roque para deixar atrás o centro de Caldas de Reis en ascenso. Ao chegar a Valga cruzaremos bosques bañados polas augas do río Valga e salpicados de muíños, e gozaremos de vistas ao val do río Ulla. Unha vez en Pontecesures, atopamos a ponte romana do século I, que serve de división entre as provincias de Pontevedra e da Coruña.

Ponte Bermaña

 

Título
Última etapa: Padrón-Santiago de Compostela (24,8 km)
Descripción

Entrando na provincia da Coruña xa se respira Compostela, onde chegaremos á catedral pasando pola praza de Praterías.