Cando volves? Rías Baixas enamora en FITUR
A Deputación de Pontevedra presentou a campaña "Cando volves?" en FITUR cun grande éxito de acollida. Durante o evento, no que as Rías Baixas tiveron un destacado protagonismo, repartíronse cuncas de viño entre os asistentes, ofrecendo unha mostra da tradición e riqueza vinícola da provincia.
O presidente da Deputación, Luis López, protagonizou unha intervención emotiva na que destacou a beleza, a cultura e a gastronomía única das Rías Baixas, invitando a todos os presentes a descubrir ou redescubrir este destino incomparable. "Esta campaña tamén fala da nosa hospitalidade, do carácter acolledor da nosa xente. Refírese a ese turismo recorrente de quen se sinte un veciño máis. Con todo, aínda queda moito da provincia por descubrir e queremos convidar á xente a facelo en diferentes ocasións ao longo de todo o ano", sinalou.
A campaña, que apela ao sentimento e á conexión co territorio, consolidouse como un éxito no marco de FITUR, posicionando as Rías Baixas como un destino de calidade e imprescindible tanto a nivel nacional como internacional.