- Imaxe
O centro urbano da Guarda configúrase en torno ao porto pesqueiro reflectindo o pasado e o presente mariñeiro da vila mariñeira. As súas rúas convidan a paseala, seguindo tramos da muralla medieval ata chegar á antiga Torre do Reló, antiga torre medieval, vendo ao noso paso ademais da…
- Imaxe
É unha praia de area dourada e augas tranquilas.
- Imaxe
Desde o miradoiro do monte Beiro, a tan só 140 m de altitude , pódese apreciar unha ampla panorámica do val do río Ulla, preto da desembocadura que forma a ría de Arousa, da serra do Barbanza e dos montes Oleirón, Meda e Xesteiras. Ademais das vistas, este miradoiro destaca polo muíño de vento resta…
- Imaxe
Sitúase ó lado da praia do Bornal, o seu uso é principalmente turístico. Conta con tódolos servizos e instalacións necesarios para pasar unha xornada estupenda nas súas augas tranquilas.
- Imaxe
A carballeira de Santa Xusta posúe máis de 450 carballos. Crúzaa un sendeiro empedrado que sobe desde o lugar de Lameiro ata o lugar da Igrexa, onde hai unha chaira desde a que se pode divisar parte do concello. Posúe ademais dúas fontes e un palco de música
- Imaxe
Na Idade Media, consta que o rei Alfonso II doou á Igrexa esta illa que se atopa na ruta marítimo-fluvial a Santiago de Compostela. Máis tarde, nos séculos XIV e XV, cando Galicia era un mar de conflitos e estaba arrasada pola peste negra, o Santuario de Cortegada foi lugar de grandes peregrinacións…
- Imaxe
Ponte medieval con seis arcos, sobre o río Tea, aberta ó tráfico, o cal está regulado por un semáforo a cada lado da ponte. Ó seu lado hai unha praia fluvial cunha pequena área de recreo e diversas especies arbóreas. Así mesmo, por este punto pasa o percorrido da Senda fluvial do Tea, que parte do c…
- Imaxe
O Pazo de Valeixe , máis coñecido como o Palacio, era morada habitual dos sucesivos abades da parroquia. Estivo vinculado historicamente ó Pazo de Os Barreiros, situado na parroquia de San Xurxo de Vilar (Crecente), desde o que Basilio Gil, abade da freguesía de San Eusebio da Peroxa, diocese de Our…
- Imaxe
Este espazo sitúase no monte Medelas, á beira da estrada que conduce a Piñoi. Foi construído no ano 2009 dentro dun proxecto de valorización do monte e conta cunha área con mesas e unha fonte, un pequeno carreiro de 1 km e paneis interpretativos
- Imaxe
Situada no Peirao da vila da Guarda, a Lonxa responde a un edificio moderno construído en ladrillo e cemento nos anos 80. Conta con portalóns laterais para as tarefas de carga e descarga e oferta produtos frescos e de calidade mediante o procedemento concurso poxa.