Concibida como un buque mercante, serviu ao longo dos seus case cen anos de historia como transporte de mercadorías, coma a arxila, o sal ou o carbón, e cubriu rutas marítimas polo Cantábrico e entre a península e Baleares.
A actual igrexa foi na súa orixe monástica. Ten planta basilical de tres naves, a central máis ancha e elevada, e conta con tres ábsidas semicirculares.
Constitúe a festa principal da Cidade Olívica. Nela realízase unha multitudinaria procesión do Cristo da Vitoria, que ten lugar o primeiro domingo de agosto.