Vías Atlánticas - Vías romanas
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
España
Esta vía romana, tamén coñecida como itinerario de Antonino (Bracara Augusta - Lucus Augusti), datada no século II d.C. comunicaba os conventos xurídicos fundados por Roma e unía as cidades de Braga e Lugo, que eran a vía máis longa do noreste peninsular, con preto de 500 quilómetros.
As vías romanas eran as vías de comunicación que o Estado Imperial Romano construiu para articular o territorio e unir as capitais dos diferentes Conventus luridici (capitais administrativas da época romana).
Estas "estradas da Antigüidade" actuaron coma un importante pilar e factor de dinamización socio-económico e comercial, ó tempo que cumpriron outras moitas funcións: estratéxico-militares (defensa, transporte de tropas), fiscais (recaudación de tasas e control de mercancías e persoas, etc...), e contribuiron a reodear o territorio.
Comunicaban as cidades fundadas polo Emperador Augusto en Gallaecia, Bracara Augusta (Braga) e Lucus Augusto (Lugo), alongándose ata Asturica Augusta (Astorga), coa finalizade de proveer as tropas asentadas no noreste da península ibérica de produtos de primeira necesidade (trigo, viño, salados), dándolle un importante valor comercial.
A Vía Romana ó seu paso por Pontevedra, dende Tui a Pontecesures pode levarse a cabo en 4 etapas:
1ª etapa: Tui - Redondela
2ª etapa: Redondela - Pontevedra
3ª etapa: Pontevedra - Caldas de Reis
4ª etapa: Caldas de Reis - Pontecesures
Valora este recurso

O tempo nesta zona
Tipoloxía da ruta
Lineal
Lonxitude total (km)
100 km
Cartografía IGN.
Hojas I.G.N., escala 1:25:000. 185-II, 152-IV y 152-II
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Dificultade
Baixo
Itinerario (MIDE)
2
Desprazamento (MIDE)
2
Esforzo (MIDE)
2
Medio (MIDE)
2
Estado conservación
Ben
Material recomendado
Ropa y calzado cómodo