Ir o contido principal

DESCUBRIR

Ruta da Pedra e Auga PRG-170

Pontevedra
España

O tempo nesta zona

A Ruta da Pedra e Auga discurre na ribeira do río Armenteira, que nace no Monte Castrove a 370 metros de altitude, e pasa polos municipios de Meis e Ribadumia. O percorrido permite disfrutar da riqueza natural e das construccións en pedra erguidos no entorno. Trátase dun conxunto de muiños de auga, que datan dende o ano 1700, e que foron os grandes inxenios da industria fariñeira, empregados para moer diferentes tipos de gran ou cereal. Actualmente, convertiuse nun pintoresco lugar, onde se mezclan a cultura tradicional e un entorno paisaxístico único. No transcurso dos 6,5 km. lineais de ruta podemos atopar tamen un conxunto escultórico coñecido como a Aldea Labrega, é a recreación en pedra por parte da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, da cultura etnográfica da Comarca de O Salnés e de Galicia en xeral como poden ser os cruceiros, piornos, lavadoiros, capelas, fontes, etc. Para coroar o percorrido a través de este entorno natural e etnográfico, está o Mosteiro de Armenteira, unha xoia arquitectónica do século XII con engadidos renacentistas e barrocos, actualmente habitado pola Orde Cisterciense
Ciudad máis próxima:

Vilagarcía de Arousa

Máis información Municipios

Valora este recurso
  • Imaxe
    Ruta da Pedra e  Auga PRG-170
  • Imaxe
    RS77246_DSC_0264-scr
  • Imaxe
    RS77322_DSC_0339-scr
  • Imaxe
    RS43251_000045_0036_04_20140430_v01
  • Imaxe
    RS76982_110717-031-scr
  • Imaxe
    20130802151113_Ruta_da_Pedra_e_a_Auga
  • Imaxe
    RS77330_DSC_0347-scr
Tipoloxía da ruta
Lineal
Duración
45 minutos
Lonxitude total (km)
6530 metros
Cartografía IGN.
Cartografía I.G.N (1:25000): Nº 185-I Meaño
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Fluvial
Sinalización
Adecuado
Dificultade
Medio
Itinerario (MIDE)
2
Desprazamento (MIDE)
2
Esforzo (MIDE)
2
Medio (MIDE)
1
Estado conservación
Ben
Corpo responsable
Concellos de Meis y Ribadumia