Racú A Oleira
Pontevedra
Paseo marítimo Valentín Paz Andrade
36208 Vigo Pontevedra
España
Pertence á Asociación de Mariñeiros Artesanais de Bouzas e converteuse na súa embarcación emblemática. Está atracada en Bouzas, no primeiro pantalán de España dedicado en exclusiva ao amarre de embarcacións tradicionais. Trátase dun racú a vela e motor que se fabricou para o goce das persoas afeccionadas ás embarcacións tradicionais. Construída no estaleiro de Catoira, é unha embarcación case desaparecida que tivo o seu período de esplendor nas Rías Baixas desde principios do século xx ata a chegada dos motores, que substituíron a navegación a remo e vela mística e de relinga con que contaban, co que se lle deu unha nova vida. O seu deseño orixinal, con influencias da traiñeira do Cantábrico e da lancha xeiteira galega, tivo que modificarse para introducir o motor no centro da embarcación, reforzando toda a estrutura e facendo a popa máis ancha.
O tempo nesta zona