Jardines del Pazo de A Saleta
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
Sobreira, 2, San Vicente de Nogueira
36637 Meis Pontevedra
España
Teléfono
O xardín do Pazo da Saleta atópase en pleno corazón da comarca do Salnés.
O terreo inicial foi adquirido por Margaret e Robert Gimson, un matrimonio británico, que creou este xardín de estilo inglés a partir do ano 1968 con especies procedentes de todo o mundo, coa axuda da arquitecta paisaxística Brenda Colvin. O xardín posúe multitude de plantas do hemisferio sur, especialmente procedentes de Australia, Nova Zelandia, Sudáfrica e do afastado oriente, e alternaron árbores autóctonas con esas variedades orientais.
O xardín da Saleta conta cunha das coleccións botánicas privadas de España máis importantes, segundo o Comité Español do Programa Hombre e Biosfera da Unesco.
En 1996 unha parte da leira foi adquirida pola familia Rodríguez Coladas, que se ocupou da restauración do pazo e da capela, e continuou coa conservación e o incremento de especies do xardín, seguindo a filosofía de Robert e Margaret Gimson. De todo este traballo o resultado é unh xardín botánico absolutamente único en Galicia con especies de todo o mundo.
O xardín, ademáis, forma parte da Ruta da Camelia e, na actualidade, é visitable, con cita previa e sen necesidade de formar un grupo. As visitas son guiadas e son realizadas pola propietaria do xardín, con explicacións botánicas. Tamén ofrecen a posibilidade dunha visita científica, de maior coste e duración, a través do inxeñeiro agrónomo Xesús Fernández.
O xardín ten a distinción Sicted de Compromiso de Calidade Turística renovada anualmente.
Decladrado Xardín de Excelencia Internacional pola Sociedade da Camelia
Valora este recurso
O tempo nesta zona
Lingua
Gallego
Español
Inglés
Tipoloxía
Xardín de Camelias
Propiedade
Privado
Dimensións
20.000 metros cuadrados (2 hectáreas).
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Rural
Estado conservación
Excelente