Festa da Reconquista
Pontevedra
Plaza de la Constitución
36202 Vigo Pontevedra
España
O barrio histórico de Vigo volve ao século xix unha fin de semana de cada ano para celebrar a súa festa máis emblemática. O 28 de marzo de 1809 produciuse un alzamento popular que logrou botar os franceses e converter a Vigo na primeira localidade de Europa en expulsar o exército de Napoleón. Ten lugar todos os anos nas rúas do xa famoso Casco Vello, que se converte no epicentro da festa cun gran mercado artesanal e gastronómico. As e os participantes, engalanados e caracterizados, representan na rúa as escaramuzas entre franceses e vigueses, ata que estes últimos venceron co derrubamento da porta da vila na rúa Gamboa. Foi declarada festa de interese turístico de Galicia en 2012.
O tempo nesta zona