Ir o contido principal

Castro del Monte do Facho

Ciudad máis próxima:

Vigo

Máis información sobre
Cangas de Morrazo

Monte do Facho - Donón, O Hío (Santo André)
36945 Cangas Pontevedra
España

Trátase dun Xacemento galaico romano localizado no Alto do Facho. O lugar acolleu ao longo dos séculos distintas expresións de vida na comarca, empezando no século X a. C. cun poboado na ladeira este, ata o século VI a. C. cando xorde o castro galaico, poboado fortificado que subsistirá ata o século I a. C. Del aínda podemos ver parte das murallas, do foso, das pedras que conformaban as vivendas e que hoxe cubren as ladeiras do monte, os vertedoiros de basura nas marxes do poblado ou a topografía actual do monte que deriva tanto da construcción mesma do poblado coma da configuración natural. Posteriormente, un santuario erguido sobre o cume vai a recoller as vellas crenzas dos que viviran no castro, para dotalas ó longo dos séculos II ó IV d.c. dun novo carácter, agora marcado polo proceso de asimilación da cultura latina na rexión do imperio romano, coñecido como Gallaecia. Atópanse 161 altares, no que fai case dous mil anos debeu ser un bosque de aras levantadas sobre o cume do monte. A función de lestes altares eran a de ofrenda ao deus un pequeno monumento que se recolle nunha inscrición a condición de exvoto, así como a divindade á que ía dirixida, en ocasións o nome do oferente e ás veces até os motivos da mesma.   Os exemplos do Monte do Facho constatan a interpretación que fan os galaicos dos modelos orixinais romanos. Á beira de escasos exemplos clásicos, atopamos a reformulación do ambiente provincial galaico, con variacións na morfología e un enriquecemento ornamental, que chega nas últimas fases do santuario, a unhas formas moi afastadas dos modelos romanos. Un proceso que expresa a creación dunha identidade estética e simbólica galaico-romana. Os altares votivos, ara en latín, son os achados máis significativos das escavacións do Monte do Facho e forman parte do Santuario Galaico-romano do deus.   O santuario dispúñase nunha área en pendente que circunda o cume do monte. Existen restos de columnas que indican a existencia dun edificio, pero até agora só coñecemos unha disposición ao descuberto de altares que, fincados na terra e en gran número, ocupaban boa parte desa área. Unha acumulación que motivou a tendencia dos monumentos a ser estreitos e altos, configurando o que á vista parecía un «bosque de aras». Ao final da existencia do santuario, o lugar foi abandoado; as aras foron caendo e amoreándose, ás veces fragmentadas, para permanecer así até os nosos días
Máis información sobre
Cangas de Morrazo
Valora este recurso

O tempo nesta zona

Figuras de protección
Ben de Interese Cultural (BIC)
Área Protexida Rede Natura 2000 - Lugar de Importancia Comunitaria (SCI)
Asignación/Tipoloxía
Castro
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Con vistas panorámicas
Localización topográfica
Facho de Donón
Altitude
189 metros de altitud
Localización depósito
Museo Provincial
Corpo responsable
Concello de Cangas
Propiedade
Mixto
Revalorización
Adecuado
Grao de alteración
Alto
Causas de destrución/alteración
Agentes naturales, actividad forestal y agrícola, actividades extractivas
Estado conservación
Ben