Para viaxar en autobús podes consultar rutas, horarios, prezos e facer as túas reservas aquí:
Moverse polo destino Rías Baixas é cómodo e accesible. Súbete a un autobús e comeza o teu traxecto mentres observas puntos emblemáticos que poderás visitar máis tarde.
Esquéceche do coche e do aparcadoiro: planifica, reláxate, mira pola ventá e goza da paisaxe.
Para desprazarte pola provincia de Pontevedra en autobús é importante que teñas en conta os traxectos, os horarios e os prezos.
Existen liñas urbanas nas principais cidades e liñas interurbanas que conectan coas zonas máis rurais.
Aquí che deixamos o listado de Estacións de Autobuses para que poidas mercar o teu billete e comezar a túa aventura.
Obtén máis información durante o teu percorrido: as nosas aplicacións poderán guiarte e achegarche os principais puntos turísticos que non debes perder.